Tendemos a usar atallos mentais, e a xeralización é un dos máis empregados tanto a nivel individual como pola sociedade como colectivo, anque sabemos que a maioría das xeralizacións son falsas e conducen a tópicos e prexuízos que poden acabar por dificultar a percepción da realidade en vez de facilitala.Unha desas xeralizacións, moi estendida, é que tal ou cal personaxe (Leonardo da Vinci, Einstein) é un xenio. Ao establecer estes modelos estamos impondo un concepto concreto de xenialidade e primando un tipo de intelixencia sobre as outras. Ninguén é un xenio todo o tempo ou en todas as áreas da súa vida, todo o mundo acumula na súa biografía éxitos e fracasos por igual, e convén aprender a vivir con iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario