A depresión é cada vez máis frecuente e aumenta a inxesta de antidepresivos, que poden ser efectivos pero tamén poden provocar efectos secundarios problemáticos. Moitas veces se recomenda o exercicio para tratar a depresión, pero tamén é bo probar outras alternativas, como o ioga e a meditación, que ademais de axudar na depresión reducen a tensión, a ansiedade e os estados de pánico, estabilizan a saúde e a alegría na vida.
Os psicólogos e os ioguis están de acordo en que a sensación de felicidade xorde cando o momento presente nos absorbe. O noso corpo sempre está en presente, pero a mente é un viaxeiro continuo; a práctica do ioga evita isto pola forma en que se practican as asanas (posturas), concentrando toda a atención nas sensacións e na respiración. Se simplemente se fai un movemento físico, sen consciencia, non se logran todos os beneficios que o ioga pode aportar. O ioga diferénciase doutro exercicio físico en que require que se preste toda a atención á respiración e ás sensacións do corpo, sendo precisamente iso o que máis inflúe no alivio da depresión.
Ademais de cultivar a consciencia, a práctica do ioga nutre o cerebro e equilibra o sistema nervioso. O tipo de respiración profunda que se fai no ioga, usando o diafragma, cambia os patróns de respiración superficial asociada á depresión e a ansiedade. Os estudos tamén demostran que a práctica do ioga reduce o cortisol, a hormona do estrés, e aumenta as endorfinas.
Cando alguén se concentra verdadeiramente nas posturas e na respiración consciente non pode pensar noutra cousa que non sexa a clase de ioga e andando o tempo chega a desenvolver un tipo de consciencia que lle permite presenciar e observar como cambian as sensacións internas, comprender que os estados anímicos son pasaxeiros e non sobredimensionalos. Por iso non sentirán algo como "estou deprimido" senón unha serie de sensacións presentes observadas obxectivamente.

Gustame esta entrada
ResponderEliminarGrazas wapa!! Pola visita e polo comentario!!
Eliminar