15 de abr. de 2012

Cando o discípulo está preparado, o mestre aparece


Cando se fala de mestres espirituais a xente soe pensar naqueles que nos provén de información ou nos inspiran co exemplo da súa vida. Pero isto non é moi exacto, o feito de que alguén transmita determinada información non o coloca nun plano superior e cada vez que idealizamos a unha persoa estamos engordando os nosos egos (o dela e o noso).

Un mestre non é coma un libro, que nos dá información teórica e máis nada. Hai moitos tipos de mestres. Hoxe anímote a reparar noutros mestres espirituais: os que veñen "disfrazados" de fillos, pais, xefes, amigos, inimigos... e en xeral, calquera que nos dea problemas. Ás veces poden ser animais, plantas, enfermidades, que tamén nos obrigan a aprender póndonos a proba.

Algunhas persoas van a igrexas, asembleas ou escolas esotéricas, onde repiten que Deus é Amor, pero logo van ás súas casas e pelexan cos seus familiares, critican aos veciños, odian aos seus xefes, aos políticos, aos animais, a individuos doutras razas ou culturas... aínda non aprenderon a lección e terán que enfrontarse unha e outra vez coa mesma situación ou persoa ata que aprendan a mostrar amor. Existe unha Lei no Universo: todo o que nos molesta, complica, enreda, todo o que odiamos se nos "pega", e así será ata que aceptemos esa situación, agradezamos o que nos aporta e mesmo cheguemos a amalo: entón ese problema ou esa persoa se transforma no noso mestre espiritual para ese momento da nosa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario