Moitos xa o sabiamos pero cada vez hai máis constatacións científicas: para ver algo hai que querer velo. O verdadeiro órgao de visión é o cerebro e non os ollos, cremos que a nosa visión funciona como unha cámara e presenta datos obxectivos do que está aí fóra pero iso non é certo.
Así que ao próximo que nos diga iso de "eu só creo no que ven os meus ollos" podedes dicirlle que está demostrado (reiteradamente) que máis ben pola contra, só ve aquilo no que cre. Esa é unha das razóns (non a única) de que algunhas persoas vexan enerxías do mundo sutil eoutras non (incluso hai persoas que entran nun lugar onde hai unha enerxía presente e cédenlle o paso, ou van sentar nun sitio que está ocupado e deciden no último momento cambiar de asento... e din que non ven!)
Artigo que inspirou esta reflexión AQUI

Ningún comentario:
Publicar un comentario