Esta noite pode verse en TV unha gran película (e incomprendida) "Más allá de la vida" de Clint Eastwood. Lembro a estrea, para moitos decepcionante porque foran ao cine esperando unha película que falase do Alén, unha proposta e explicación persoal do director sobre qué hai alá, e a película non era iso. Só os que foron simplemente a experimentar o puro goce do cine puideron saír contentos da sala.
Tense tildado de cursi, de fría, de malograda a pesar das grandes interpretacións (a calidade destas ninguén a discute). Non estou de acordo con ningunha destas opinións e creo que hai nelas un problema de fondo: falta de comprensión do que se quere contar, permanecer véndoa cunhas espectativas que non coinciden para nada co propósito da cinta. Moitos están molestos porque non atoparon nela o que ían buscando (o Alén) e outros por todo o contrario, porque lles pareceu que o film pretendía, sen conseguilo, demostrar a existencia da vida de ultratumba. Tampouco é culpa deles, dos espectadores defraudados, senón en boa parte da propia promo da película, pois ás veces o artista produce unha cousa e a publicidade comercial a vende como outra (sirva como mostra o pouco afortunado título e o ñoño cartel anunciador).
Neste ofréceselle ao espectador unha muller asustada porque viu unha pantasma
e un home seguro de si mesmo que ten todas as respostas e solucións.
Tópico e inconsecuente co contido do film.
Neste a muller está menos asustada pero semella que ambos son seres superiores
fronte a outro máis pequeno e perdido nunha inmensidade con horizonte de solpor ou mencer igualmente tópico (e inconcruente de novo respecto ao contido da película)
En realidade ese "máis alá da vida" non se refire ao Alén, ao que hai "despois" como moitos creon que ía facer o film. Ese nin sequera é o tema. A película non fala da morte senón da vida.
Para moitos sucede coa chegada da madurez, para outros tras unha experiencia traumática, pero para todos chega un día en que hai que decidir, como George, se acepta o seu ser verdadeiro como un don ou como unha maldición. Entón xorde a necesidade de vivir máis alá da vida, é dicir, máis alá do simple feito biolóxico de estar vivo, a necesidade de vivir unha vida con sentido (e iso pasa por soltar os lazos de dependencia cos teus seres queridos, co teu traballo, mesmo co teu autoconcepto, cousas todas elas que se narran na película).
Se o fas o premio é algo que vai máis alá do simple feito de estar vivo, pois a autorrealización é unha experiencia trascendente.
Se o fas o premio é algo que vai máis alá do simple feito de estar vivo, pois a autorrealización é unha experiencia trascendente.
Unha das poucas críticas interesantes sobre este film: blogdecine.com



Ningún comentario:
Publicar un comentario