13 de xan. de 2013
Inconsciente...
O outro día pasei a tarde cun amigo con quen hai moito tempo que non mantiña unha conversa longa e profunda. Ambos estamos moi cambiados e non nos entendemos ben. Atopeino devorado polo arquetipo racionalista, ata o punto de que cando lle suxerín que a intuición tamén era unha ferramenta válida me respondeu, cun convencemento abraiante,que a intuición só é o resultado dunha cadea de razoamentos que se esqueceron. (Era consciente do que dicía, que para el as persoas intuitivas son unhas desmemoriadas...?) No seguinte vídeo de divulgación científica trátanse algunhas das investigacións en que se ocupa a neurociencia actualmente. Entre outros temas interesantes fala da intuición e a creatividade.
Labels:
consciencia,
neurociencia,
psicoloxía
Entradas relacionadas:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ola, chámome Carlos e cheguei a este sitio buscando información alternativa. Pódesme dar o teu correo? Moitas grazas.
ResponderEliminarEncantada de coñecerte! Xa te contactei no face. Estou a mirar o teu blog, non o coñecía, vaia, canto me alegro de ir construíndo alternativas en galego. Que pena que me quededes tan lonxe xeograficamente, pois eu estou no Baixo Miño... Unha aperta!!
ResponderEliminar