Este blog pretende servir de inspiración ás persoas que o desexen, ás que sintan a necesidade interior de saír á Procura do Graal, pero non se pode convencer a ninguén de semellante empresa, polo tanto prégase o máximo respecto nos comentarios, cuxa finalidade debe ser compartir aprendizaxes e recursos, non arremeter contra as aprendizaxes dos demais. Porque cada un de nós ten o seu propio camiño, non toda a xente ha de vivir as mesmas experiencias nin sacar as mesmas conclusións.
Aquí recóllese información, enlaces, bibliografía, reflexións persoais, todo o que sexa pertinente para axudar a dar os primeiros pasos, e non se me ocorre mellor xeito de comezar que con este fermoso video sobre o sentido da vida, quen es e quen podes chegar a ser, o concepto dun mesmo, os límites autoimpostos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario