Non esquezamos que os tests son unha arma de dobre fío, pero ás veces axudan moito a clarexar aspectos propios que un normalmente non logra ver. Un test debe ser como un espello, amósache se tes a cara limpa ou sucia pero nona ensucia nin a limpa. Facer un test non soluciona nada por si mesmo, o traballo de limpeza terás que facelo ti (o mesmo pode dicirse de acudir a calquera terapeuta, que só che pode dar pistas para curarte, non te pode curar: só ti podes facer iso). Algunhas persoas, despois de facer un test poden sentirse algo así como "culpábeis" pola súa maneira de ser, ou tomar o resultado do test como un oráculo do destino inmutábel. Outras poden encollerse de ombros e pensar que o test está defectuoso. Que é o espello o que está sucio e non a cara.
Ben, en calquera caso a decisión é túa. Hoxe propóñoche o famoso eneagrama da personalidade. Le con sentidiño a información que ofrece a páxina antes de facer o test e se queres facelo está no cadro de procura despregábel arriba á dereita: test eneagrama
Ningún comentario:
Publicar un comentario