Estar queimado ('Burn Out') é unha resposta do organismo a un estrés laboral prolongado, con síntomas físicos como cansazo permanente, dor de cabeza, baixa de líbido, insomnio e falta de enerxía; e síntomas psicolóxicos como insatisfacción, medo, irritabilidade e apatía.
Moita xente se converte en escrava do seu traballo. A rutina, as espectativas pouco realistas, a presión de resolver asuntos urxentes, os problemas económicos, entre outras cousas, vannos deixando con pouco menos que a enerxía xusta para levantarnos da cama cada mañá.
Se estás no caso, que podes facer?
1. Tomar distancia do problema para velo con perspectiva. Saír do despacho para tomar un refresco ou un café, ou simplemente dar un paseo, pode quitar a concentración do problema que te abruma. Ao volver, poderás analizar a situación de xeito diferente.
2. Pedir axuda, sexa a un colega profesional ou un coach con quen se teña boa relación. Así non te sentirás só. Ademais falar da situación axuda a atopar solucións e a baixar a tensión emocional, e escoitar a opinión doutra persoa pode xerar ideas novas ou polo menos enfoques diferentes á situación.
3. Tratar de lembrar cal era a primeira motivación, o que che ilusionaba desa profesión ou dese posto que ocupas e onde agora non o pasas ben. A motivación principal pode ser algo que esqueciches por completo. Pensar en cal era a túa vocación ou motivación, fará que lembres cales son as cousas realmente importantes do teu traballo, que non sempre coinciden coas que se consideran urxentes. Con frecuencia nos centramos en resolver o urxente en vez do importante, e ese é un dos camiños ao estrés.
5. Facer exercicio. Non se trata de apuntarse a un ximnasio se non queres pero polo menos podes pasear entre 30 e 45 minutos ao día. Relaxa e favorece o descanso, potencia a creatividade, queima adrenalina.
6. Ter outra actividade intelectual ou artísticas: estudar, ler, xogar ao xadrez. Non chegar a casa e poñer a televisión, está demostrado que ver televisión non provoca actividade neuronal ningunha.
7. Quedar con amigos. Manter as relacións sociais e non illarse axuda a baixar a tensión emocional.
imaxe de MAORI SAKAI

Ningún comentario:
Publicar un comentario