3 de ago. de 2013

Ataques psíquicos

   Algúns de nós, sexa cal for a traxectoria persoal que aí nos levou, un día comezamos a percibir o invisíbel.
   Decatámonos de que existe porque notamos a súa enerxía e, fascinados, decidimos traballala en nós, limparnos e manternos mellor en adiante, nunha vibración máis sa. Pouco a pouco eses hábitos saudábeis recén adquiridos convértense en carácter, e de aí en karma... Como resultado, comeza a mellorar tamén o noso entorno. Outras persoas que o notan acoden a nós, e anque non somos estritamente terapeutas, si que apoiamos o seu crecemento persoal cos medios ao noso alcance, sexan os que sexan. Cos anos
imos adquirindo máis e máis recursos, seguimos estudando e practicando e limpando as enerxías en redor.
  Hai un intre en que, sen decatarnos, rebasamos a sutil fronteira entre traballar polo noso ben persoal e traballar polo ben global da humanidade, do planeta e do universo. Ti non o vas notar pero outros si, porque van comezar a percibir que primeiro deixaches de ser comida fácil para eles, despois mesmo te convertiches nun elemento subversivo, pois non só resultas imposíbel de manipular senón que por onde eles pasan arrasando e destruindo pasas ti despois sementando e regando, e aínda máis, ensinándolles a outros a facelo... Entón sobrevén o ataque psíquico.
  Os que me coñecedes sabedes qué pouco me interesaron ata o de agora estes temas, pero acabo de atravesar unha experiencia en carne propia, que estou integrando e comprendendo con axuda, entre outras cousas, deste vídeo, e por iso quero compartilo aquí, porque contén unha explicación sinxela, útil e sensata, dos diferentes tipos de ataques psíquicos e como afrontalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario