Hai uns días atopaba, por unha marabillosa sincronicidade en resposta a algo que eu estaba a vivenciar, un vídeo de David Topí, daquela un perfecto descoñecido para min, explicando con claridade meridiana os diferentes tipos de ataques psíquicos. Unha das cousas que explicaba era cómo podes chegar a empoderarte ao superar un deses ataques, descubrir o teu punto fraco e sanalo.
Como dunha experiencia desagradábel xorde algo agradábel! E entón quero tamén agora poñer o vídeo en que fala dos guías espirituais. Encantoume esta exposición, o que di e como estrutura a información. Ten moitos outros vídeos igualmente interesantes, que vos recomendo encarecidamente, anque xa non os seguirei poñendo aquí porque xa sería redundante, simplemente queda engadida a súa páxina aos favoritos deste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario