10 de xuño de 2018

Falta de enerxía

Necesitamos a enerxía física e mental adecuadas. Cando estamos plenos de enerxía somos capaces de ter boas ideas e resolver os problemas. En cambio, cando o noso nivel de enerxía está baixo, ponse en marcha o mecanismo cerebral ancestral de aforro da enerxía, que cando escaseaba o alimento podía supoñer unha vantaxe para a supervivencia (porque o cerebro é o maior consumidor de enerxía do organismo: con só o dous por cento do peso corporal, o cerebro consome o 20% da enerxía que gastamos) Por iso ao final dunha agotadora xornada de traballo custa tanto realizar esforzos intelectuais. O mesmo sucede tras atravesar unha situación estresante, cando durmimos mal, ou cando en xeral sometemos ao noso organismo a actividades que o enferman e agotan.
A nivel neuroquímico, o noso nivel de enerxía depende especialmente da dopamina, o neurotransmisor que proporciona vitalidade, motivación e poder persoal. Cando os niveis de dopamina son demasiado baixos fáltanos a motivación, sentímonos apáticos e parécenos que calquera esforzo é excesivo. Con niveis máis adecuados estamos activos, capaces, lúcidos e optimistas. A dopamina é unha das que algúns chaman"hormonas da felicidade" xunto coa serotonina e as endorfinas.
Se te sentes deprimido revisa os teus hábitos de alimentación,descanso, exercicio, etc. Comproba como obtés a túa enerxía e como a gastas, e fai os axustes necesarios tendo presente que en realidade a tristeza é un efecto secundario da depresión, non a súa causa: a depresión é falta de enerxía, e o contrario da depresión non é a felicidade senón a vitalidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario