A imaxinación pode ser autoinducida, desencadeada por unha descrición verbal, ao ler ou escoitar unha narración, etc. Involucra os cinco sentidos: podemos imaxinar sons, sabores, cheiros, sensacións físicas, etc. Neurolóxica e fisiolóxicamente, imaxinar unha acción é moi semellante a realizala. Se nos visualizamos durante un tempo executando unha acción, o noso corpo responderá a ese estímulo (como ben sabe por exemplo a industria da pornografía).
A imaxinación xoga un papel importantísimo no plano afectivo e emocional da persoa, por exemplo é grazas a ela que podemos sentir empatía, ao imaxinarnos como se sente alguén e como nos sentiríamos nós na súa situación. Tamén podemos provocarnos sentimentos de tristeza a base de recrear situacións ou imaxes conflictivas, ou pola contra cando nos sentimos baixos de ánimo podemos procurar imaxes tranquilizadoras e axudarnos a través da visualización creativa.Así que non despreces o poder dunha sesión de hipnose, imaxinación activa ou simplemente unha meditación guiada para mellorar o teu estado de ánimo ou saír dun bloqueo creativo, un pensamento obsesivo ou calquera outra situación na que te sintas atrapado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario