Un pagán morre e decide ir para o Ceo. San Pedro négalle a entrada, dicíndolle que o Ceo só é para os cristiáns e el, malia ser boa persoa toda a súa vida, por ser pagán debe ir para o Inferno.
O home vai para o Inferno, onde é recibido por un Satán moi amable que lle ensina as instalacións: habitación de todo luxo, buffet libre, piscinas, ximnasio, discoteca, todo o que poida desexar. Máis aló o home divisa unha sala con xente berrando de dor mentres son torturados por uns demos de moi mala catadura.
- Que é aquilo?-pregunta.
- Bah, nin caso. Ese é o Inferno dos cristiáns. Para eles o Inferno é así, e se iso é o que piden, iso é o que lles damos, porque o cliente sempre ten a razón.
Paréceme un exemplo perfecto de como funcionan os sistemas de crenzas, e como somos co-creadores da nosa realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario