8 de dec. de 2017

Pensamento positivo e negativo

Moita xante considera erróneo o "pensamento positivo", di que un optimista é un pesimista desinformado e outras grazas polo estilo, na liña de que manter unha actitude sempre positiva é infantil.
Lamentablemente isto ten algo de fundamento, pois algunhas persoas si que teñen unha actitude infantil disfrazada de "positivismo". Pensar en positivo non é confiar en que todo se solucionará sen facer nada, poñelo nas mans de deus ou da bondade do universo, nin confiar en que as cousas son así por un ben maior.
Ora ben, existen os pensamentos positivos, aqueles que nos empuxan a avanzar, a ser proactivos, e tamén os pensamentos negativos, aqueles que limitan a nosa capacidade de mellorar nas nosas vidas. E son facilísimos de recoñecer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario