Por baixo da parafernalia de Halloween, Samaín e outras variantes culturais da mesma festa xace a ancestral de fin de ano e comezo dun ciclo novo que acabamos de experimentar, conscientemente ou non.
Eu persoalmente estiven como a sacerdotisa na caverna, estudando, asimilando, repensándome e paríndome a min mesma de novo para darlle un rumbo novo á miña vida. Estiven valorando como había tempo que non facía, as cousas importantes da miña vida, as que quero conservar e as que vou soltar, e tamén as que non teño a día de hoxe pero vou abrir un espazo para que sucedan. Tomei decisións importantes sobre o que quero facer neste ano que comeza, incluíndo un cambio de traballo e de residencia. Acabei unha marabillosa novela na que estiven traballando estes tres últimos anos. En fin, fixen moitas cousas, ata composicións florais como a da foto, coas flores de outono que atopei polo meu xardín. O que non fixen foi escribir no blog...
Ningún comentario:
Publicar un comentario