Amosando publicacións coa etiqueta persoal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta persoal. Amosar todas as publicacións

27 de feb. de 2017

Cambio de rumbo

En breve este blog tomará outra forma, disponible para lectores con invitación. A invitación é totalmente gratuita e só hai que solicitala escribindo a folerpa@gmail.com.
No improbable caso de que houbese cen lectores habituais interesados en continuar como ata agora, seguirei en aberto.
E se non hai polo menos cincuenta pensarei na conveniencia de poñerlle fin, pois serán os mesmos con quen xa comparto en persoa as miñas inquedanzas e non precisamos do blog para seguir en contacto.

4 de nov. de 2016

Plans para o ano novo


Por baixo da parafernalia de Halloween, Samaín e outras variantes culturais da mesma festa xace a ancestral de fin de ano e comezo dun ciclo novo que acabamos de experimentar, conscientemente ou non. 
Eu persoalmente estiven como a sacerdotisa na caverna, estudando, asimilando, repensándome e paríndome a min mesma de novo para darlle un rumbo novo á miña vida. Estiven valorando como había tempo que non facía, as cousas importantes da miña vida, as que quero conservar e as que vou soltar, e tamén as que non teño a día de hoxe pero vou abrir un espazo para que sucedan. Tomei decisións importantes sobre o que quero facer neste ano que comeza, incluíndo un cambio de traballo e de residencia. Acabei unha marabillosa novela na que estiven traballando estes tres últimos anos. En fin, fixen moitas cousas, ata composicións florais como a da foto, coas flores de outono que atopei polo meu xardín. O que non fixen foi escribir no blog...