Hoxe quero comentarvos un experimento realizado cun grupo de seminaristas dunha diócese para comprobar os condicionantes do comportamento altruísta. Preguntóuselles por que elixiran estudar teoloxía e despois pedíuselles que preparasen unha charla sobre estes temas baseada na historia do Bo Samaritano.
O día da charla, a unha metade dixéronlles que debían darse moita présa en acudir ao lugar indicado porque xa os estaban esperando, mentres que á outra metade lles dixeron que tiñan tempo, pero que podían ir indo para chegar con antelación. A medio camiño, os investigadores colocaron estratexicamente a un home que finxía precisar desesperadamente de axuda, caía diante deles tusindo e xemendo.
Os investigadores querían saber se as motivacións que os alumnos expresaran en relación á elección da carreira de teoloxía, tales como querer axudar á xente, ou o feito de que acababan de preparar unha charla en torno ao pasaje bíblico do bo samaritano, influirían no feito de que se parasen ou non a socorrer ao home necesitado.
Pero ningún destes factores influíu o máis mínimo. Asombroso. O único elemento relevante foi que os estudantes tivesen ou non présa.
De entre os que crían que tiñan tempo, o 63% detívose a socorrer ao home caído, mentres que só o fixo un 10% dos estudantes que crían que chegaban tarde á charla.
Nalgúns casos, os estudantes que se dirixían con présas a pronunciar un sermón sobre o bo samaritano saltaban literalmente por riba do home que agoniaba aos seus pés.
Así que, se queres ser mellor persoa, tómate o teu tempo. Levántate antes e vai amodo. Organízate para facer as cousas a tempo e con calidade. Iso tamén é "crecemento espiritual".

Ai as présas!!! Probablemente agora teña sentido aquela fantástica frase de Mafalda "paren el mundo que me quiero bajar", estamos tan obcecados co que temos que facer que esquecemos que hai máis xente ao noso redor, que nós están transmitindo cousas ou pedindo axuda, pero buscamos mil excusas para non parar. Supoño que é importante fixarse nos detalles, pararse e reaccionar ante eles. Un biquiño
ResponderEliminarA min me asombra a gran diferencia que hai entre a "teoría" e a "práctica" dos suxeitos do estudo, hahah!
ResponderEliminarBicosss