Convirte o día de hoxe en algo especial.
Só por hoxe, sen compromiso. Sen pensar en se o fixeches onte ou se poderás facelo mañá. Só por hoxe, sé amable. Só por hoxe. Hoxe é un día diferente, un día único, irrepetible,
un día para vivir pensando que calquera cousa que ti poidas facer repercutirá inmediatamente no benestar do mundo. Faino só por hoxe,
non para sempre, non un cambio de actitude vital permanente, non. Insisto: só por hoxe, coma unha excepción...
E despois observa como te sentes e como se senten os demais ao teu redor!!
Que consello tan bonito!! Hoxe tratarei que sexa un día especial. Grazas
ResponderEliminarTi xa o fas todos os días, Iria! Unha aperta de luz...
Eliminar