15 de set. de 2014

Escoitando a voz interior



Moito se fala actualmente de escoitar o neno interior, seguir a voz do teu ser superior, atender ás mensaxes dos teus guías... De veras tanta xente quere "escoitar" isto ou aquilo cando non escoitan activamente na súa vida cotiá? Non escoitan os sons da natureza, levan cascos mentres pasean á beira do mar; non escoitan aos seus próximos, non aceptan un "non" por resposta e intentan impoñer aos demais as súas crenzas e actitudes.  
Se queres escoitar unha voz, a que sexa, practica. Comeza pola túa familia, os teus veciños e compañeiros de traballo. Se non es capaz de escoitar aos teu semellantes, como vas escoitar as voces das dimensións máis sutís?

2 comentarios:

  1. Que gran verdade! As veces vivimos cun ritmo tan frenético que non queremos darnos conta do importante que é adicarlle un anaquiño do noso tempo ás persoas que queremos, incluídos nós mesmos.
    Noraboa polo blog!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola visita e polo comentario! <3 :)

      Eliminar