6 de ago. de 2014

Crenzas limitantes, sufrimento e cambio

 Tal vez unha crenza non é unha idea atrapada pola mente senón unha idea que atrapou á mente.
 Se isto é certo, sería un exercicio de liberdade desprenderse desa idea, desa crenza limitante, desa trampa. Poñamos por exemplo o sufrimento:
 A dor fisica é unha adaptación biolóxica útil para percatarse dun dano e poñerlle remedio, un sinal de alarma ante un perigo para o teu corpo, grazas a ela comeza o proceso de recuperación. Pero o sufrimiento psicolóxico é todo o contrario, dor inútil paralisante que se perpetúa a si mesma.
 Por moi xustificado que estea o desconsolo non ten ningunha utilidade, non serve para cambiar a realidade, reflexionar mellor ou resolver un problema, todo o contrario: o sufrimento inmobiliza, obriga a centrar a atención precisamente no que causa a dor acrecentando o malestar. Incluso chega a ser unha adicción pois algunhas persoas perseveran en lembrar desgrazas pasadas unha e outra vez para xustificar a súa actitude presente, e outras sempre fan predicións ameazantes, imaxinando o futuro preñado de desgrazas. Se te acostumas a este ciclo de pensamento negativo todo servirá para amargarte, e como a nosa atención é selectiva irás reparando preferentemente en cousas que te entristecen e non serás capaz de valorar as cousas satisfactorias; podes chegar a considerar que falar de felicidade é banal ou de mal gosto "dadas as circunstancias", e circunstancias para entristecerse sempre hai no mundo.
 O teu sufrimento, sexa cal for e non importa como o xustifiques, mantente atado ao nivel do ego, porque se te identificas con el, se fas del un sinal de identidade, para sempre quedarás neste nivel de vitimismo e amargura. Que tamén é unha opción vital, tes todo o dereito a escoller sufrir, só que é preferible facelo con sinceridade. Moitas persoas din que queren ser felices porque iso é o que se espera que digan, o socialmente aceptado, pero por dentro non é iso o que senten porque teñen outras compensacións da súa infelicidade.
 Sempre vas atopar motivos para sufrir, é lei de vida atravesar momentos difíciles, desgrazas persoais, problemas económicos e de saúde, perda de seres queridos, inxustizas sociais... o listado de catástrofes para sufrir en propia carne ou en solidariedade con outros é infinito, e calquera con algo de empatía te compadecerá, te consolará, escoitará as túas xustas queixas e chorará ou se indignará contigo. Pero repara en que así gastarás a túa enerxía en agravios pasados e incertidumes futuras en vez de vivenciar o presente e aproveitalo. Farás acusacións, pero non farás xustiza.
 Para saír dese inferno persoal só hai un camiño: enfocarte noutros aspectos do presente que merecen ser vividos, amarte a ti mesmo, pasar á acción e introducir cambios na túa vida. Todo o demais é inútil.




  Elixes vivir no presente? Elixes facer cambios na túa vida? Infórmate sobre as ferramentas que, como PSY-K por exemplo, apoian este proceso e axudan a consolidalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario