
Esta semana escoitaremos moitas tonterías sobre os namorados.
Por iso quero lembrarche que cando penses no amor, na relación de parella, no que tes, no que che falta, o que queres, o que non, ten presente que o amor non é apego, nin necesidade, nin satisfacción sexual; non se trata de procurar unha persoa que "te complete" ou "se ocupe de ti" senón un compañeiro da alma; un compañeiro ou compañeira, non un pai protector, non unha nai celosa, ou unha criatura inmadura que sempre te necesite, ou un trofeo con que demostrar algo (ben sexa a outros ou a ti mesmo).
Querer non é o mesmo que amar. Queremos cando desexamos algo, necesitámolo. Queremos cando sentimos unha carencia. Amamos cando experimentamos plenitude. O paradoxo é que o amor beneficia a quen ama, non ao amado, pois revitaliza a mente e o corazón de quen o sente. Por iso recibimos tanto cando damos.
O amor verdadeiro recoñécese porque leva a cada un a ser máis auténtico, máis libre, máis el mesmo. As relacións inauténticas prosperan só a base de endorfinas, proporcionando un arrebato temporal a expensas do benestar a longo prazo. Pero o verdadeiro amor procede do cuarto chacra, non do segundo.
Feliz día dos namorados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario