En lugar de lamentarme vouno celebrar, vou aproveitar a marabillosa ocasión que se me ofrece de traballar a miña sombra e aprender dela. Vou "recoller o meu regalo" como di Eric Rolf, vou asumir "a enfermidade como camiño", aceptar a metáfora do síntoma e fluír con el, non contra el.
Gripe e arrefriado cursan con inflamación da mucosa nasal. Maniféstanse por obstrución nasal, estornudos ou ben nariz irritado con secreción nasal e ollos chorosos. A gripe vén ademais este ano con febre moi alta.
Estas "enfermidades" poden expresar unha dificultade de adaptación social: cústanos moito relacionarnos, por iso aparecen nas épocas en que convivimos coa xente máis por perto, nas estacións que estamos máis en sitios pechados, na casa, no traballo, con problemas para marcar territorios, competencias, límites, etc. O arrefriado é a escusa perfecta para escapar dun conflito, dun compromiso non desexado, dunha situación que nos incordia pero que non estamos dispostos a recoñecelo e a expresalo abertamente. Entón, se o noso nariz está tapado, se nos choran os ollos, se non podemos case nin falar pola irritación da garganta ou pola tose de cabra e, jejej, ademais sempre podemos esbirrar, unha arma tremenda: "non te me achegues que estou arrefriado"... Entón logramos o noso obxectivo de apartarnos da situación molesta sen conflitos, sen explicacións, e ademais coa benevolencia e a comprensión de todo o mundo. Agora por fin podemos centrarnos un pouco máis en nós!
O arrefriado tamén aparece para liberar unha gran dose de tristeza acumulada, por exemplo despois dunha decepción, dunha vivencia na que os nosos sentimentos foron feridos e experimentamos falta de calor e de apoio, ou como consecuencia de arrepentirnos por non dicir ou facer algo.
Gripe e arrefriado cursan con inflamación da mucosa nasal. Maniféstanse por obstrución nasal, estornudos ou ben nariz irritado con secreción nasal e ollos chorosos. A gripe vén ademais este ano con febre moi alta.
Estas "enfermidades" poden expresar unha dificultade de adaptación social: cústanos moito relacionarnos, por iso aparecen nas épocas en que convivimos coa xente máis por perto, nas estacións que estamos máis en sitios pechados, na casa, no traballo, con problemas para marcar territorios, competencias, límites, etc. O arrefriado é a escusa perfecta para escapar dun conflito, dun compromiso non desexado, dunha situación que nos incordia pero que non estamos dispostos a recoñecelo e a expresalo abertamente. Entón, se o noso nariz está tapado, se nos choran os ollos, se non podemos case nin falar pola irritación da garganta ou pola tose de cabra e, jejej, ademais sempre podemos esbirrar, unha arma tremenda: "non te me achegues que estou arrefriado"... Entón logramos o noso obxectivo de apartarnos da situación molesta sen conflitos, sen explicacións, e ademais coa benevolencia e a comprensión de todo o mundo. Agora por fin podemos centrarnos un pouco máis en nós!
O arrefriado tamén aparece para liberar unha gran dose de tristeza acumulada, por exemplo despois dunha decepción, dunha vivencia na que os nosos sentimentos foron feridos e experimentamos falta de calor e de apoio, ou como consecuencia de arrepentirnos por non dicir ou facer algo. Noutras ocasións aparece por un exceso de traballo, con demasiada actividade no plano mental, que nos deixa confusos, sobrepasados, sen saber por onde empezar: estamos fartos, cansos, "ata os narices" dunha situación, de nós mesmos, dos demais ou o que sexa.
Existen ademais outras causas, como as propias crenzas sobre o arrefriado; por exemplo: crer que podes arrefriar por estar entre correntes, ou que o podes coller doutra persoa, ou crer que é normal arrefriarte sempre no inverno, etc. Se o cres, así o creas. E canto máis difundida estea unha crenza, maior é a súa influencia na sociedade.
O arrefriado é considerado polo enfoque naturista como unha crise de desintoxicación do organismo. A través del elimínanse as toxinas físicas (alimentación inadecuada, vida sedentaria, medicamentos, etc.) ou psíquicas (problemas emocionais). O corpo e a alma libéranse das sustancias que o intoxicaban e ambos saen da crise fortalecidos.

As ensinanzas que podo extraer do arrefriado son moitas. Que cando necesito tempo para dedicarmo a min mesma debo concedermo sen máis, que non preciso permiso por escrito (= baixa médica) para facelo. Que debo afrontar con sinceridade os conflitos nas miñas relacións. Que estou proxectando sobre algunhas persoas aquilo que máis rexeito e apartarme delas non vai ser a solución, senón recoñecelo e integralo dentro de min mesma. Que debo revisar os meus hábitos de alimentación e exercicio físico. ETC ...
Tamén podo "pasar de todo" porque isto non ten nada que ver comigo, simplemente un bicho malo pasaba por aquí e me entrou, jejej... (= virus)
Pero cal é o mellor enfoque para extraer unha aprendizaxe útil e así vivir mellor?
Así que buscándote a través do resfriado? Moooooooi interesante todo iso que dis. Se nos imos atopando en cada resfriado, quizais non nos perdamos demasiado. E posiblemente, se escoitamos o corpo nestes "pequenos" susurros, non precise darnos un berro máis tarde.
ResponderEliminarXenial tamén a ilustración do texto.
Pois nada, que o disfrutes con tranquilidade e bos alimentos.
Bicos, María D.
Grazas, grazas! O luns xa me incorporo. Bicos!
ResponderEliminarPois eu pillei outro resfriado, en principio supuxen q era un simple contaxio, xa q na miña casa fixeron acto de presenza eses virus malignos.
ResponderEliminarDespois de ler o teu post estoume decatando q ademais pode valer para votar certas tensións fora, e se é así,longa vida aos resfriados!!!
Ata loooooooogo
E despois de pasalo, que perspectiva das cousas tan diferente temos, moito menos dramática, jejej, e que ben se senten todas as pequenas alegrías da vida cotiá! Ata a auga sabe a gloria! Bicosssssss
ResponderEliminar