2 de xan. de 2019

A trampa da soedade

« É posible ter, no máis fondo da alma, un corazón cálido, e que aínda así ninguén acuda a el. » (Vincent Van Gogh)



Que che fai sentir separado do mundo? Ti es algo que todo o universo está facendo. Non hai "eu", non hai "ti", só unha única cousa que o percorre todo chamada enerxía. A soedade que cres sentir é tan absurda como a que sentiría o dedo pequeno inconsciente dos demais dedos que canda el forman unha man nun brazo nun corpo humano. Chegados a este punto talvez te preguntes a que estás unido ti, que é iso que non ves ao igual que o dedo non percibe a man, o brazo. Observa con atención e percibirás a que estás unido. A meditación e a interiorización son boas ferramentas para este traballo de observación. Transforma esa soedade que te atormenta na túa fortaleza e aproveita a oportunidade que tes de profundizar en ti mesmo.

" Igual que toda porción dun holograma contén a imaxe da totalidade, cada porción do universo contén a totalidade. Isto significa que se soubesemos como acceder, poderiamos atopar a galaxia de Andrómeda na marca dixital do dedo gordo da nosa man esquerda. Poderiamos atopar a Cleopatra coñecendo a Xulio César por primeira vez, xa que nun principio a totalidade do pasado e as implicacións do futuro están contidas en cada porción do espazo-tempo. Cada célula do noso corpo contén o cosmos enteiro."
(Michael Talbot: O universo holográfico)


Nun estado alternativo de consciencia podemos acceder a esa información (arquivos akháshicos), que non está no cerebro pero que este é quen de capturar:

" O gran erro do mundo moderno foi considerar que todo o que non se pode oír, tocar ou ver é una ilusión. A realidade fundamental non é observable directamente. Por exemplo: se tiro un lapis observo cómo opera a gravidade, pero non podo ver o campo gravitatorio, só o efecto. Todas as forzas da natureza están nesa dimensión máis profunda e só observamos os efectos. "
Ervin Laszlo)

Ver    O UNIVERSO HOLOGRÁFICO SEGUNDO STEPHEN DAVIS


Non creas todo o que ves...



Ningún comentario:

Publicar un comentario