4 de xan. de 2019

Tes un don


 Podes ampliar a túa percepción, a túa sensibilidade, a túa intuición. Clarividencia, telepatía, comunicación con outros planos de consciencia. Moitas veces se me ten preguntado se existe tal ou cal "don". Sempre respondo o mesmo: existen dotes especiais para a música, a pintura, as matemáticas, a poesía, a cociña ou a arquitectura, pero ningunha das persoas atraídas por estas disciplinas pensa que só ten que sentar no medio dun prado a exercer o seu don: o don existe pero hai que cultivalo. Ese término, o don, está moi mal entendido, coma se non requerise estudo e práctica. Parte da culpa é das películas, onde se soe presentar unha persoa sorprendida dos seus "poderes" pero se pasa por alto o traballiño que custa desenvolvelos. Unha amiga me pregunta:
- Existe "o don"? Unha vez unha vidente me dixo que eu tiña un don, por que non podo usalo?
 A resposta é moi simple: canto tempo, canto estudo, cantas horas de práctica diarias lle dedicas? Non é suficiente "o don" da música, terás que estudar solfexo, mercar un instrumento e practicar unha hora diaria!
 Tamén hai persoas que negan estas posibilidades. Non cren que existan a telepatía, ou as regresións a vidas pasadas, ou a comunicación cos guías espirituais, porque unha vez o intentaron e non funcionou en absoluto. O mesmo poderían dicir que non existe o efecto Coriolis, eu simplemente encóllome de ombros e déixoo correr porque non serve de nada, nin a elas nin a min, intentar convencelas. Unha persoa pode vivir unha vida satisfactoria, plena e perfectamente funcional ignorando por completo o efecto Coriolis ou a sucesión de Fibonacci, pero iso non invalida a súa existencia. 
 Elas viven a súa vida coma se non existisen estas cousas e eu vivo a miña coma se existisen, e ambas posibilidades son igual de reais e funcionais. Na túa vida serás capaz de experimentar aquilo no que elixas crer. Por iso se di que cada un crea a súa realidade.

Consulta A REGRA DAS 10.000 HORAS AQUÍ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario