11 de xuño de 2017

Ser ti mesmo é sanador

Demasiado nos din o que temos que facer, como, cando e ata con quen. O proceso comeza xa na infancia e coa propia familia, que che prohibe facer o que queres e te obriga a facer o que non queres. Despois a sociedade fará o mesmo, a escola, o posto de traballo... Pero se non te concedes o tempo suficiente para ser ti mesmo, o teu corpo reclamará ese dereito. Non te distraias de ti mesmo, préstate atención, mantente consciente do que fas a cada intre, do que pensas e do que sentes. A túa insatisfacción persoal, os teus temas non resoltos, os conflitos emocionais, chegan a somatizarse como podes ler aquí.

Lembra: a primeira razón da túa existencia é realizarte ti mesmo, cumprindo o teu proxecto de vida, non o da sociedade, nin o dos teus pais. Non o esquezas. E se algunha vez te perdes, o teu corpo pode guiarte, se escoitas as mensaxes que che envía en forma de síntomas. Amplía esta información aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario