10 de abr. de 2016

Os catro acordos

1. Se impecable coas palabras. Respecta o seu poder, fala con exactitude, di o que queres dicir e a quen llo queres dicir. Se coherente e non digas o que non pensas. E sobre todo, nunca fales mal de ninguén, comezando por ti mesmo.
2. Non tomes nada como algo persoal. Todo o que fan os demais procede da súa propia proxección, non ten que ver contigo, mesmo aínda que falen de ti.
3. Non deas nada por suposto. Non creas que xa sabes o que che van dicir, non proxectes as túas espectativas, medos e necesidades sobre os demais, simplemente escoita e tenta de comprender.
4. Fai o mellor que poidas. Non é necesario facer todo, nin resolver sempre, porque o mellor que se pode facer varía en cada caso, así que en cada momento fai o mellor que poidas e deixa de compararte, xulgarte e maltratarte.

Se logras asumir progresivamente estas catro actitudes, a túa vida mellorará en todos os aspectos. Non é necesario máis, só medita nestas catro ideas e incorpóraas paseniño á túa práctica diaria, pero se queres ampliar e ler o libro de Miguel Ruiz tamén podes facelo, adiante!

MIGUEL RUIZ: LOS CUATRO ACUERDOS



Ningún comentario:

Publicar un comentario