10 de nov. de 2015

Compañeiros de viaxe

Nunca sabes quen chega á túa vida, ou por que, ou para que, ou durante canto tempo. En vez de procurar estas respostas proba simplemente a agradecer pola súa chegada, compartir o tempo que vos toque xuntos e, se algún día chega a despedida, dicir adeus e grazas. Adeus e grazas a esa persoa que te amou, adeus e grazas a esa persoa que te odiou, ambas che proporcionaron unha aprendizaxe necesaria.
Todos os encontros da túa vida poden ser significativos simplemente con poñer atención neles. Todos os descoñecidos son amigos potenciais e todos os problemas, solucións. Acepta todo o que che suceda como un milagre, e sobre todo estate atento aos milagres cotiáns, a mellor clase de milagres.


Ningún comentario:

Publicar un comentario