3 de dec. de 2014
O tarot musical 2014: 1 O Mago
Vouvos facer un regaliño de Nadal, un disco que hai tempo preparei para min e agora quero compartir. Trátase dunha viaxe musical polos 22 arcanos maiores do Tarot, asociando cada un deles cunha peza musical que a min me gusta especialmente. Nesta escolma tentei de incluír diferentes intérpretes e estilos musicais pero claro, non deixa de ser a miña elección persoal, subxectiva e por suposto discutible e modificable, así que vos animo a opinar e mesmo a realizar a vosa propia selección.
Cada día publicarei unha breve nota sobre o arcano que toque e a peza que escollín, e para o Nadal compartireivos o disco, xa veredes que chulada!
O Mago é creativo, orixinal, innovador, artista da súa propia vida e capaz de pór en marcha todo tipo de proxectos con éxito. Como exemplo das enerxías que move o Mago podemos escoitar por exemplo TAKE FIVE, unha composición de jazz creada por Paul Desmond e interpretada polo The Dave Brubeck Quartet no álbum de 1959 Time Out, que axiña se converteu nun dos discos máis coñecidos do grupo, debido aos seus ritmos inusuais pero contaxiosos e á calidade do seu extraordinario saxofón. En TAKE FIVE temos un exemplo perfecto cun compás inusual de 5/4 (de aí o título do tema). Certo que non foi a primeira composición de jazz en utilizar este compás, pero si unha das primeiras en lograr ampla aceptación e gran éxito comercial.
Labels:
música,
O Mago,
o tarot musical,
tarot
Entradas relacionadas:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario