4 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 2 - A Sacerdotisa


 A Sacerdotisa representa o coñecemento das tradicións ocultas e a súa conservación e transmisión. Representa tamén a enerxía feminina intuitiva e algo salvaxe, célibe, entregada a un amor sobrehumano pola creación e polas criaturas.
Ten, por suposto, máis significados pero é este o que elixo hoxe para poñela en relación coa Ave María de Schubert, que en orixe non é unha avermaría, o mesmo que a sacerdotisa mudou de rostro e de ritos e a antiga deusa se asimilou á Virxe María. Tanto polo sentimento que transmite como pola singular historia desta peza, paréceme apropiada para representar este arcano.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario