Amosando publicacións coa etiqueta O Mago. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Mago. Amosar todas as publicacións

1 de dec. de 2015

Hoxe é o primeiro día do resto da túa vida

Continuamos con esta fermosa serie, O Tarot Musical 2015.
Hoxe é día un e ofrézoche o Arcano I: O Mago, creador da súa vida, capaz de poñer en marcha as forzas do universo para conseguir o que desexa. Claro que si!

 

3 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 1 O Mago



Vouvos facer un regaliño de Nadal, un disco que hai tempo preparei para min e agora quero compartir. Trátase dunha viaxe musical polos 22 arcanos maiores do Tarot, asociando cada un deles cunha peza musical que a min me gusta especialmente. Nesta escolma tentei de incluír diferentes intérpretes e estilos musicais pero claro, non deixa de ser a miña elección persoal, subxectiva e por suposto discutible e modificable, así que vos animo a opinar e mesmo a realizar a vosa propia selección.
Cada día publicarei unha breve nota sobre o arcano que toque e a peza que escollín, e para o Nadal compartireivos o disco, xa veredes que chulada!



 
O Mago é creativo, orixinal, innovador, artista da súa propia vida e capaz de pór en marcha todo tipo de proxectos con éxito. Como exemplo das enerxías que move o Mago podemos escoitar por exemplo TAKE FIVE, unha composición de jazz creada por Paul Desmond e interpretada polo The Dave Brubeck Quartet no álbum de 1959 Time Out, que axiña se converteu nun dos discos máis coñecidos do grupo, debido aos seus ritmos inusuais pero contaxiosos e á calidade do seu extraordinario saxofón. En TAKE FIVE temos un exemplo perfecto cun compás inusual de 5/4 (de aí o título do tema). Certo que non foi a primeira composición de jazz en utilizar este compás, pero si unha das primeiras en lograr ampla aceptación e gran éxito comercial.