9 de nov. de 2014

Hoxe en negativo

Non permitas que un mal momento constitúa un sufrimento que arrastarás por meses ou anos.
Non cargues culpas polo que xa non podes remediar nin cambiar.
Non te comprometas con aquilo que non casa cos teus valores e principios.
Non deas consellos se te vas enfadar porque non os sigan. A túa opinión só é unha opinión.
Non prestes diñeiro se vas xulgar como o emprega esa persoa a quen llo deches.
Non xulgues, critiques nin deas unha mala opinión sobre os demais. Se non ves nada positivo, cala.
Non queiras que os demais sexan como ti cres que deberían ser, acéptaos tal e como son.
Non pases un só dia sen sorrir, sen gozar do ceo, das nubes, do sol, dos paxaros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario