24 de dec. de 2013

Nadal de risa

O Nadal é unha época difícil en que nos vemos cheos de compromisos e non todos do noso gusto. A depresión do Nadal é coñecida por todos os profesionais da saúde e en calquera servizo de urxencias poden darche detalles do tipo de "accidentes" que suceden durante as ceas familiares.
O sentido do humor é o mellor antídoto para case calquera tensión: ensínanos a ver desde outra perspectiva, descubrir o absurdos que podemos ser coas nosas actitudes e o intrascendente das cousas coas que nos enfadamos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario