13 de dec. de 2013

A procura da propia identidade

A construción da propia identidade sempre está en proceso, nunca remata.
Ás veces constrúeste en base ao que se espera de ti, o teu rol social, familiar, etc; renuncias a partes importantes de ti mesmo para agradar a outros, para encaixar nun determinado grupo, para lograr algo que coidas necesario na túa vida (a aceptación, a admiración ou o afecto de alguén, o posto que ambicionabas no traballo...) Non se trata de desprezar a opinión dos demais pero é bo ser fiel a quen es realmente desde o teu propio punto de vista, a percepción que tes de ti mesmo e a realización do teu ser interior.
A identidade é a consciencia do que ti es. E esa consciencia te fará libre.
A construción da propia identidade sempre está en proceso, nunca remata. Iso significa que hoxe podes comezar a facer as cousas de xeito diferente. É o teu dereito inalienábel ser ti mesmo.

Picture Source: tcatcarson and Animal Photos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario