Algunhas persoas compórtanse como a bóla branca do billar. O xogador impúlsaa co taco para mover as outras bólas. Vai, vén, entra na troneira e sempre volve saír, parece que fai moito pero en realidade non traballa para si, non avanza nunca, non constrúe nada, non vai a ningures. Oh, si, ela séntese especial, dalgunha maneira foi "elixida" para un cometido diferente, máis importante, porque é ela quen move ás demais... Talvez se crea líder das outras bólas porque fan o que ela indica, cega á diferencia entre empuxar aos demais ou que te sigan. Sen dúbida a bóla branca está enganada, ela é movida polo taco que é movido polo xogador que, el si, decide o xogo. A bóla branca vive nos mesmos límites verdes cuadrangulares que as demais, e por certo traidora á súa especie.
A maioría dos mal chamados líderes políticos só son bólas brancas da gran mesa de billar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario