Recoñecerás a un iluminado porque non perdeu o sentido común. Non procura cousas raras porque si. Estar iluminado non é estar alienado, todo o contrario. Tamén se recoñece a un iluminado porque non vive no drama, máis ben toma as cousas con lixeireza e ten capacidade de rir ata de si mesmo. Se dás cun mestre sempre serio, sempre solemne, aleccionador e condescendente, pensa que iso son rasgos da súa personalidade, non da iluminación.
Hoxe como é venres botemos unhas risas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario