17 de out. de 2013

Iso da New Age

Moitos nos atopamos algunha vez co termo "New Age" pero a verdade, non coñezo ninguén que se sinta cómodo con esa etiqueta, salvo no ámbito musical. A imposibilidade de definir e acotar o movemento (que non relixión) New Age non é óbice para que lle saian furibundos detractores, e iso dá que pensar. Recentemente atopei un artigo moi clarificador ao respecto, obxectivo, ben estruturado, documentado e moi recomendábel, que comparto con vós: "Luz sobre la New Age: ¿Por qué pone nerviosos a religiosos y científicos?" de José Luis San Miguel de Pablos.

Despois de lelo atentamente teño que admitir que si, este é un blog New Age, hahahahahah...

Ningún comentario:

Publicar un comentario