10 de out. de 2018

Libérate e mira adiante na túa vida


Visto o curto periodo de vida que nos toca, só temos tempo para vivir, gozar e ser felices. A morte, en calquera momento, de xeito imprevisto, pódenos levar sen máis. Non gastes o tempo en pensar nas ofensas doutros. Mentres o fas, desaproveitas a túa vida.
Imaxina a esa persoa que che ofendeu no pasado. Imaxina que ambos estades comodamente sentados. Dille por que te ofendeu. Escoita a súa explicación de por que o fixo. E perdóaa. Se é alguén que xa non está neste mundo, utiliza esta dinámica para dicirlle o que queres. Escoita a súa resposta. E dille adeus. Darache unha enorme paz.

Lembra que o perdón libera a quen o dá tanto como a quen o recibe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario