
1. Queixarse.
Algunhas persoas fixeron das queixas o sentido da súa vida, viven
para lamentarse, sempre atopan un motivo de insatisfacción. O
problema é que estas persoas non se queixan para solucionar os
problemas senón simplemente para regodearse neles. Como resultado,
están continuamente procurando algo do que queixarse. Así centran as súas enerxías en algo totalmente inútil.
2. Deixar tarefas
pendentes. Adiar continuamente esas tarefas que, antes ou
despois, terás que enfrontar, é o mellor xeito para engadir unha
tensión innecesaria á túa vida. Mesmo pode cansar máis ter que lembrar o que temos que facer, que afrontar a
tarefa dunha vez e rematala.
3. Non darse permiso
para descansar. A sociedade esíxenos moito e non sempre
é posible seguir ese ritmo. De feito, vivir no carril
rápido pasarache unha enorme factura, tanto desde o punto de vista
psicolóxico como físico. Por iso, convén que non esperes a
chegar ao límite para descansar senón que fagas do descanso un
hábito cotián.
4. Ser desorganizado.
Os lugares onde impera a desorde son como un buraco negro que
absorbe a túa enerxía. O caos farache perder un tempo precioso
buscando cousas e, sobre todo, xera a sensación de incerteza e
desorganización no teu cerebro, facendo que ao final do día esteas
máis esgotado. Xa que logo, fai limpeza cada certo tempo: un
escritorio e un fogar ordenado faranche sentir moito mellor e
transmitiranche unha enerxía moi positiva.
5. Non aceptar os
feitos. A aceptación non é resignación. Aceptar significa
asumir as cousas que non podes cambiar e facer algo para cambiar
aquelas sobre as que si tes algún control. Cando non
aceptas unha situación esta convértese nun obstáculo no teu
camiño, é como unha pedra que engades á mochila da túa vida.
6. Aferrarse ás cousas ou as persoas. É difícil poñer en práctica o desapego, pero é fundamental se non queremos sufrir máis do necesario. O desapego non significa non amar, senón amar deixando libre ao outro, sabendo que nalgún momento esa persoa pode afastarse de nós. Aferrarse ás cousas ou ás persoas dun xeito obsesivo só xerará dependencia e malestar. Ademais, nadar contra a corrente farache perder unha enerxía valiosa que poderías empregar noutros proxectos que che fagan máis feliz ou che compensen esa perda.
7. Preocuparse
innecesariamente. Non adoitamos reaccionar ante as situacións
senón ante o cadro que pintamos na nosa mente. Nese cadro non somos
obxectivos senón que incluímos todas as preocupacións sobre o que
podería acaecer. Esa tendencia á negatividade engade un estrés e
unha ansiedade totalmente innecesarios xa que a miúdo eses malos
pronósticos nin sequera dan lugar a un plan de acción senón que
son tan só como moscas molestas que roldan na nosa mente. Por iso,
ante unha situación difícil, o mellor é centrarse no aquí e
agora, ir paso a paso, sen imaxinar consecuencias negativas que
probablemente non ocorrerán.
8. Non saber dicir
“non”. As persoas que non saben dar unha negativa adoitan
sobrecargarse de tarefas que acaban provocando esgotamento. En moitas ocasións estas persoas non se
negan porque lles dá pena ou porque teñen medo a que os demais
as rexeiten. Con todo, o tempo é a posesión máis valiosa que tes: non o malgastes con proxectos que non
te motivan nin son da túa responsabilidade. Ter tempo para ti, para
os teus e para gozar do que che gusta, é fundamental para o teu
benestar físico e emocional.
9. Gardar rancor.
O
odio e o rancor consómente lentamente, é coma se estiveses avivando a chama que te queima, e cos anos poden mesmo provocar enfermidades. Por iso é tan importante aprender a deixar
ir. Por suposto, todas as feridas necesitan un tempo para sanar, pero
debes cerciorarte de que ese tempo non sexa excesivo.
10. Non decidirse.
Cando temos que tomar decisións
importantes é normal que teñamos dúbidas e
queiramos máis tempo para pensar, pero adiar continuamente as
decisións terminará roubándonos unha enerxía preciosa a incerteza acabará esgotándonos. Por iso, é
recomendable liberarse de todas esas “batallas internas”. Debemos
asumir que non sempre tomaremos a mellor decisión, quizais nos
equivocaremos pero os erros son aprendizaxes. É mellor equivocarse e
enmendar que quedarse de brazos cruzados sufrindo pola indecisión
Ningún comentario:
Publicar un comentario