12 de ago. de 2017

Eclipse de sol o vindeiro 21 de agosto


Fálase moito nestes días da próxima eclipse de sol, pero na Galiza a eclipse do 21 de agosto será parcial, teremos que agardar ata o 12 de agosto de 2026 para ver unha total.
A ocultación do Sol será visible aquí no sur de Pontevedra a última hora da tarde, cunha magnitude de 0.24 e un oscurecemento do 14,2%. Deberemos situarnos nun lugar alto e libre de obstáculos no horizonte uns 35 minutos antes do solpor e anque sexa parcial e de curta duración, non esquezades tomar as precaucións habituais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario