13 de out. de 2015

Aproveita o momento

Como vas ser feliz se a túa felicidade depende de cousas externas a ti, nas que ti non podes influir? Deixa de situar a felicidade nun momento diferente do presente: cando teña un traballo estable, cando el/ela me queira, cando desapareza ese problema de saúde, cando... A felicidade non depende das cousas que teñas, nin do que os demais pensen de ti, nin da consecución de determinadas metas. A felicidade consiste sobre todo na capacidade de estar presente. Distinto é a alegría, con risos e festexos porque aprobaches o carné de conducir ou porque che deron a alta no hospital. A alegría é unha manifestación intensa dunha emoción que non dura no tempo, mentres que a felicidade é un estado interior. 
Observa o momento presente e verás que o 90% das cousas que che preocupan, en realidade non están sucedendo agora

Ningún comentario:

Publicar un comentario