19 de out. de 2015

Pobre de min

Todo o mundo se queixa algunha vez.

Cando alguén che expoña as súas desgrazas, párate a observar como o fai. Hai persoas que necesitan falar contigo porque iso as axuda a ordear a súa vida e hai outras que só procuran a atención dos demais a través das súas vivencias, nun patrón de exhibicionismo vitimista. É bo para ti aprender a diferencialas. Todas merecen unha escoita amorosa e comprensiva, pero non todas esperan un consello, nin sequera unha resposta. En principio un bo exercicio para ir practicando é este: non deas consellos a non ser que chos pidan expresamente, e aínda estes non porfíes en que os acepten, nin te sintas mal cando os rexeitan con razóns que parecen absurdas.

Insisto: non todo o mundo procura unha solución aos seus problemas, moitos só queren un escenario onde darlles máis visibilidade. Cando aprendas a recoñecer aos victimosos lastimosos sufrirás menos, poderás escoitalos sen agobios, sen contaxio emocional nin estrés mental. E desconectar do seu discurso en canto saian pola porta á procura dun novo auditorio onde recomezar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario