Nos anos cincuenta formulouse a interpretación de moitos mundos da mecánica cuántica, teoría segundo a cal en cada elección do universo este se fractura, e ambas posibilidades coexisten en mundos paralelos. Co tempo esta teoría foise estendendo entre a comunidade científica e moitos consideran que o universo sería máis ben un multiverso, composto dunha infinita colección de universos onde o que nós habitamos é soamente un máis. A popularidade desta teoría vai en aumento entre os científicos, e mediante libros e filmes de ciencia ficción, entre un auditorio cada vez máis amplo. Pero non ten implicacións esta teoría no noso desenvolvemento persoal?
Cando eu fago unha escolla importante na miña vida, elixo literalmente entre dous futuros posibles. Feita a elección teño a sensación de que un deses futuros desaparece, pero con cada elección ocorre unha fractura no universo e as diversas posibilidades existen simultaneamente en mundos diferentes. Iso implica a existencia de diferentes versións simultáneas de min mesma, en todos eses mundos, experimentando todas as vidas posibles. Para que? Para aproveitar máis a experiencia. A alma experimenta o mundo físico a través de nós. Nós como humanos viaxamos por un camiño concreto entre os moitos posibles: esa é a nosa vida actual, que en adiante chamaremos liña temporal. Con cada elección importante da vida, ocorre unha división das liñas temporais: hai unha liña onde experimentamos a elección A e outra onde experimentamos a elección B. A nosa personalidade humana non é consciente da segunda liña de tempo pero a nosa alma si. Para ela, esa segunda liña de tempo é tan real como a primeira.
A existencia de varias liñas de tempo permite experimentar aspectos diferentes da nosa personalidade, que nos farán desenvolver outras cualidades e así a alma se enriquece absorbendo todos os resultados diversos. Experimentar as vidas simultáneas enriquece a alma, e ás veces tamén repercute na nosa vida diaria. A nosa alma está experimentando todas esas liñas de tempo, e nós como estamos conectados coa nosa alma, a un nivel profundo tamén estamos conectados con esas outras vidas nosas.
As nosas vidas simultáneas poden servirnos de inspiración, poden ser a explicación para os talentos inesperados, pero tamén poden producir bloqueos aparentemente inxustificados. Prodúcese un continuo intercambio enerxético entre as diversas liñas de tempo porque están intimamente conectadas entre si: todas me pertencen, todas teñen o propósito de aumentar o campo de experiencia da miña alma, e con iso o desenvolvemento da conciencia. Algunhas eleccións levan a unha vida equilibrada e estable onde ocorren poucas cousas notables. Esa liña de tempo pode emitir una certa calma ás outras liñas de tempo onde a vida ocorre nunha forma máis turbulenta. Tamén pode ser que certos talentos se desenvolvan nunha liña de tempo, por exemplo nunha miña vida simultánea toco un instrumento musical que nesta vida non sei tocar anque me produce unha gran sensación de benestar escoitalo.
Existen diferentes técnicas para integrar as diferentes aprendizaxes realizadas, ou sanar bloqueos que nos estaban limitando inexplicablemente porque procedían de vidas simultáneas. O traballo cos arquivos akáshicos permite acceder a esta información dunha maneira fácil e segura.
VIDAS PARALELAS E SIMULTÁNEAS explícao moi ben David Topí nos seus escritos e videos divulgativos
UNIVERSOS PARALELOS, Brian Greene fai unha magnífica compilación de todas as teorías científicas sobre este tema no seu excelente libro (ameno e de fácil lectura mesmo para profanos) La realidad oculta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario