1. Boa comunicación. Asume a responsabilidade das túas opinións e polo tanto transmíteas ti mesmo, persoalmente e do mellor xeito posible, non mediante intermediarios, nin esperando "que se decate", nin por emails ou wasaps.
2. Empatía. Antes de criticar pregúntate cal é o teu obxectivo, que é o que realmente esperas conseguir, cal é o impacto que vas causar na outra persoa e para que. Non fagas críticas só para o teu desafogo persoal, ten sempre en conta como lle vai afectar ao outro. A falta de empatía ao emitir unha crítica xerará hostilidade. Se a persoa se sente atacada defenderase en vez de rectificar o seu comportamento.3. Enfócate nas accións. Asegúrate de que o teu comentario estea centrado no que a persoa fixo ou deixou de facer e non o relaciones co seu carácter ou trazos de personalidade, porque se sentiría ferida e estaría menos receptiva ás túas suxestións.
4. Non xeneralices. Fai unha crítica concreta e directa, con detalles específicos do que pode mellorarse ou do que saíu ben e pode perfeccionarse no futuro. Evita términos como sempre, nunca, todo, nada, etc . Mesmo que que algo saia mal en varias ocasións, non significa que sexa un trazo permanente nunha persoa, pero cando alguén percibe un fracaso como un defecto persoal parécelle inevitable e se desmotiva.
5. Unha de cal e outra de area. Nada máis frustrante que unha crítica que non vai acompañada dunha proposta de mellora. Se temos algunha crítica que facer será porque podemos comparar a actuación criticada con outra que sería preferible, pero se non existe outra, a nosa crítica non pode aportar nada á situación. A crítica só ten utilidade si presenta opcións que a persoa criticada non vira antes.
6. Respecto. As críticas humillantes destrúen o vínculo entre as persoas. Utilizar un erro doutra persoa para rirnos dela ou para sentirnos mellores ca ela impide a colaboración futura.
Y que difícil resulta aceptar una crítica incluso constructiva. Por qué?
ResponderEliminarSi, sucede cando nos sentimos atacados na nosa maneira de ser. Por iso é importante criticar unha conduta en concreto, non un rasgo de carácter, non xeneralizar senón criticar un suceso puntual e demostrar cariño. Por exemplo, o parruliño feo foxe dun entorno familiar tóxico onde se lle din cousas que el non pode solucionar: es feo.
EliminarSaúdos!!!