Loucura é facer o mesmo do mesmo xeito esperando resultados diferentes. Só o lograrás saíndo da zona de confort, que non é exclusivamente a zona onde estás cómodo senón a zona do coñecido. Ti podes estar incómodo e pensar que iso é unha proba de estar fóra da zona de confort, pero non é iso: a zona de confort é aquela onde non tes medo.
O teu maior desexo a miúdo reside onda o teu maior medo: Desexo apaixonadamente ser actriz pero son funcionaria porque quero un soldo fixo xa que teño medo de carecer do básico. Ou desexo unha esposa con quen compartir a miña vida pero estou só porque teño medo de verme atado en casa sen facer vida social e cargado de críos. Desexo irme da casa paterna pero non o fago porque nela me sinto a salvo...
![]() |
| Revisa as túas necesidades, as túas aspiracións e os teus medos. Revisa a túa zona de confort |

Ningún comentario:
Publicar un comentario