Con frecuencia xulgamos as cousas que nos pasan como positivas ou negativas cando non son nada en absoluto, só son produto da nosa mente.
Dous monxes discutían nun mosteiro zen a propósito dos estandartes que ondeaban no alto: o estandarte móvese, dicía un; é o vento o que move o estandarte, dicía outro; tanto o vento como o estandarte son inanimados e polo tanto non ondean en absoluto, dicía un terceiro... Entón o sabio Hui-neng, que estivera escoitando, dixo: "Nin vento nin estandarte, o único que eu vexo ondeando aquí sen parar son as vosas mentes".
Onte participei nun interesante debate sobre a natureza dos conflictos, onde se trataba de decidir se os conflictos en xeral son positivos ou negativos. Son negativos, dicía un, é preferible evitalos. Poida que sexan incómodos, ou dolorosos, pero non necesariamente negativos, dicía outro. Non podes evitar o conflicto, dicía un terceiro, só podes evitar o enfrontamento pero o conflicto existirá igualmente.
Talvez os conflictos non son positivos nin negativos, é a nosa interpretación deles a que os dota de semellante carácter que, de seu, non teñen. A nosa interpretación sobre as cousas que nos pasan pode contribuír a aumentar ou diminuir a dor e o estrés.
Amplía esta información escoitando este interesante podcast: PSICOLOXÍA CON ALFONSO
Ningún comentario:
Publicar un comentario