2 de set. de 2013

Vai lava-la cara, galopín

É aburridísima a cantidade de queixas que a xente ten sobre o mal que están todas as cousas que os rodean agás eles propios. Meu pai tería que cambiar, o meu home tería que cambiar, esta lei tería que cambiar, a sociedade tería que cambiar... En fin, que cambien todos menos eu.
Isto lémbrame a un vello rosmón que quedou durmido no sofá e os netos un pouco trastes untáronlle o bigote con queixo, dese que cheira que tira para atrás. O vello espertou de súpeto e dixo "Puaf, esta casa fede". Levantouse e foi para fóra respirar aite puro, pero o cheiro persistía. "Ahhh, o mundo enteiro fedeeee!!!" berrou.
Así que se che parece que o mundo enteiro fede mírate ao espello, non vaia ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario