23 de maio de 2012

Ilusións desilusionantes

Inmersos na "terceira dimensión", unha conciencia baseada no ego, vivimos unha realidade enerxética na que predominan certos enganos:

1. A perda da mestría O primeiro engano é o da perda da mestría. Esquecemos, mentres vivimos na terra, que somos creadores de todo o que sucede na nosa vida. Non recoñecemos o que sucede nas nosas vidas como creación nosa, mesmo pensamos que somos unhas vítimas. Pensamos que hai poderes máis grandes ca nós, que poden determinar a nosa vida. Esta é a perda da mestría.

2. A perda da unidade Consiste en non recoñecer a unidade entre cada un de nós e os outros, e o mundo. Dentro da conciencia baseada no ego existe a convicción de que todos nós estamos separados uns doutros, cada un nun corpo separado. Existe a crenza de que vivimos nese corpo e que custa moito traballo contactar aos demais. É o engano do corpo como unha prisión.

3. A perda do amor Neste mundo relativamente escuro, onde hai tanto desamor, confúndese amor con toda clase de cousas que non o son, como admiración e dependencia emocional.

Entre o limitado da nosa visión, o noso apego ao pouco que vemos e a presión social para que malia os cambios todo siga igual, o espertar non é doado nin indoloro.





Amplía estas reflexións cunha interesante entrada sobre a nosa percepción dos cambios AQUÍ

1 comentario: