Calle 13 arrasou nos Grammy Latinos 2011 gañando en todas as categorías ás que optaba e batendo todos os récords (se vedes algún titular onde se diga que gañaron 9 grammies dos 10 aos que optaban foi porque para un estaban propostos dúas veces, jejejejjjjjjjj !!!!!)
Marabilloso logro para este par de urbanitas portorriqueños que contra todo prognóstico foron quen de crear unha música impactante con letras intelixentes cheas de sarcasmo e crítica social partindo do reggeaton, criticar aos gringos en spanglish, en fin, semella que lograron a perfección da unión dos contrarios, tanto se a perseguían como se non... A iluminación ten estas cousas.
O meu tema favorito:
A min este tema me conmove e me lembra aqueles versos que dicían...
Si se calla el cantor se quedan solos
los humildes gorriones de los diarios,
los obreros del puerto se persignan:
¿quién habrá de luchar por sus salarios?
(O socialrrealismo tamén debe actualizarse e cada xeración fai a súa re-elaboración...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario