2 de maio de 2019

Exemplos e analoxías

Ás veces para explicar algo de carácter espiritual recorremos a exemplos, parábolas e analoxías porque se trata de cousas tan complexas que son difíciles de entender á primeira, pero é importante non confundir a analoxía co fenómeno que estamos a explicar: só é unha metáfora, unha figura literaria, unha licencia poética, non é a realidade en si senón só unha imaxe para ilustrala.
Moita xente, para desmontar a ensinanza, identifica deliberadamente o exemplo concreto coa realidade abstracta da que lle estamos a falar e despois dedícanse a cuestionar o exemplo, considerando que así rebaten a nosa exposición.
A próxima vez que che suceda, non te deixes arrastrar por esa estratexia, respira fondo e responde: se este exemplo non che axudou a entender o que estou dicindo terei que buscar outro, pero que ti demostres que o exemplo ten erros, de ningunha maneira demostra que a realidade de que che estou falando os teña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario